Alana
Contacto
Descrición
Alana, formada por Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, fusiona música tradicional galega con electrónica e pop. O seu proxecto nace das "recollidas", un traballo colaborativo con mulleres que preservan a riqueza musical galega.
O seu debut, "O xeito á cántigha", toma o nome dunha gravación de hai 40 anos de Dorothé Schubarth, onde Delfina de Cerceda explicaba "dar o xeito á cántigha" nas melodías tradicionais.
Alana, un proxecto novo e diverso con forte posta en escena e conexión coa tradición e o baile, xa gañou o Premio Xuventude Crea, o concurso do Festival de Ortigueira (tocando dous anos seguidos), foi finalista nos Premios Martín Códax e semifinalista nos Premios MIN. Compartiron escenario con artistas como Rodrigo Cuevas e Casapalma, consolidándose no panorama musical galego e peninsular.