Brais das Hortas
Contacto
Descrición
Brais das Hortas é narrador, músico e clown con máis de 25 anos de traxectoria artística. Desde 1997, combina humor, música e narración oral en propostas dirixidas a públicos de todas as idades. A súa obra mestura xéneros e estilos, creando espectáculos participativos e cheos de ritmo. Como narrador, actúa en solitario e tamén forma parte da Tropa de Trapo, compañía fundada xunto a Marta Ortiz. A Tropa de Trapo leva máis de 15 anos creando espectáculos como Antía, Wamba e o regato pequeno, Contos Coas Mans Abertas, Barquiño de Pau e Contos de Nenas Grandes e Pequenas, entre outros. A compañía tamén realizou xiras de sensibilización social co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Abanca, ONGs de Vigo e a Deputación da Coruña . Como músico, Brais das Hortas forma parte de proxectos como Blues do País e Sacha na Horta, e colaborou en bandas como Sons Miúdos, Mamá Cabra, Banda Fura Fura e con artistas como Sofía Espiñeira e Mark Wiersma . Tamén compón bandas sonoras para espectáculos e crea instrumentos a partir de materiais reciclados. Tamén dirixe o espectáculo Matrioskas, xunto a Marta Ortiz e Sofía Espiñeira, no que se mesturan narración oral e canción de autora para falar de historias de vida de mulleres silenciadas desde a súa propia perspectiva