Festival Intercéltico do Morrazo 2025
Festival Intercéltico do Morrazo
O Festival Intercéltico do Morrazo celébrase cada ano en Moaña (Pontevedra) dende os seus inicios en 1985 pola Escola de Gaitas Semente Nova. É un festival de música folk e tradicional celta, considerado de Interese Cultural e Comunitario, co fin de promover o folclore galego e as novas tendencias dentro deste xénero
Que o distingue
- Reúne formacións folclóricas galegas e internacionais (Escocia, Irlanda, Bretaña, Canadá…) nun entorno abierto e gratuíto
- Complementa a música en directo con obradoiros, desfiles, exposicións e foliada, promovendo a convivencia cultural
- É o festival folk máis antigo de Galicia con actividade continuada, e mantense como referente cultural e turístico na península do Morrazo
Festival Intercéltico do Morrazo é unha cita imprescindible para quen valora a cultura tradicional, a música folk e os intercambios culturais nun ambiente aberto, familiar e festivo.
Programa
23 de xullo
- 20:45h Desfile e actuacións de Gaiteiros de Moaña, Breogán, Solaina e Charaviscas.
24 de xullo
- 20:45h Desfile e actuacións, Arco da Vella, Meiramar Axóuxeres e Salgharitas.
25 de xullo
- 10:00 Moaña, paisaxe e son, roteiro Aldeas primixenias: Carrexa-Sabaceda, Fundación Legar.
- 18:30 Instrumentos do mar, obradoiro de confección de instrumentos, Fundación Legar.
- 19:00 Tapiz 41 FIM, de Alfombristas de San Martiño-Moaña.
- 20:00 Danzas do mundo, obradoiro con Suso Cancelas e o grupo DA VAD*.
- 22:00 Ailá e Dervish (Irlanda).
26 de xullo
- 12:30 Obradoiro de Whistle con Anxo Lorenzo.
- 18:30 Obradoiro de pandeiro cadrado con Arredor da Tradición.
- 20:00 Obradoiro de baile galego con Manolo Cobas.
- 22:00 Ross Ainslie & Tim Edey (Escocia) e Tanxugueiras.
27 de xullo
- 12:30 Obradoiro de gaita con Anxo Lorenzo.
- 13:00 Sesión vermú con Os Muiñeiros.
- 21:30 O ciclo do ano, un espectáculo de Lembranzas da Ría.
Detalles do Evento
-
Datas e Horas:
- 27 de Xullo de 2025 ás 12:30
- Prezo: Gratis
- Como chegar:
- Categorías: Baile » Baile tradicional , Música » Folk , Música » Músca tradicional
- Etiquetas:
- Grupos Galegos Participantes:
- Máis información: